Saltar ao contido

Suzuki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suzuki Motor Corporation

Editar o valor en Wikidata
TipoPública (K.K.)
FundaciónOutubro de 1909
LocalizaciónHamamatsu, Shizuoka
FundadorMichio Suzuki
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados68 499 (2020)[1]
Na rede
https://www.globalsuzuki.com/, http://www.suzuki.com.tr/, https://www.suzuki.co.uk, https://www.suzuki.de/, https://bikes.suzuki.co.uk/, http://suzuki.co.jp/, https://www.suzuki.co.id/, https://www.handel.suzuki.de, https://auto.suzuki.it/, https://moto.suzuki.it/, https://suzuki.com.co/, https://suzuki.fr/, https://suzuki.nl, https://www.suzuki.at/, https://suzukimotos.com.br, https://cars.suzuki.co.uk/ e https://www.suzuki.be/
Facebook: SuzukiGlobalOfficial Twitter: suzukicojp Youtube: UCtn2j0uFqUEOtv4RcVF8UGg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Suzuki Motor Corporation (スズキ株式会社 Suzuki Kabushiki-Kaisha?), é unha empresa xaponesa dedicada á fabricación de automóbiles (especialmente todoterreos e compactos), motocicletas, motores fóra borda, e unha variedade de produtos equipados con motores de combustión.[2] Foi fundada en 1909 na localidade de Hamamatsu por Michio Suzuki.[3] En 2016 Suzuki foi o maior fabricante de automóbiles subcompactos a nivel mundial. Por segundo ano consecutivo, foi a marca número un en automóbiles pequenos. En setembro de 2017, as vendas globais da marca superou 102,6 millóns de unidades comercializadas dende que iniciou a fabricación de automóbiles en 1955.[4] A cifra produtiva de Suzuki situouse en 3,05 millóns de unidades en 2019, un 11,1% menos que o ano anterior. A marca construíu 946.768 unidades no Xapón, e a súa produción no resto do mundo foi de 2,1 millóns de unidades.[5]

Suzuki é un fabricante independente, aínda que durante uns anos tivo vínculos próximos con General Motors e Volkswagen, sen chegar a ser controlado por outro fabricante.[6]

Suzulight de 1955
Suzuki SC 100 CX-G (versión especial) de 1979

A compañía foi fundada en 1909 co nome de Suzuki Loom Works, dedicada inicialmente á fabricación de teares. En 1952 Suzuki comezou a fabricar un modelo de bicicleta motorizada equipada cun motor 2x36cc. Ao ano seguinte introduciu un segundo modelo de bicicleta. En 1954 cambiaouse o nome da compañía polo de Suzuki Motor Co., Ltd, e construíuse a “Colleda”, a súa primeira motocicleta completa. Tratábase dunha máquina monocilíndrica de 90cc.[3]

En outubro de 1955 Suzuki introduciu o seu primeiro coche fabricado en serie, o Suzulight, con motorización de dous cilindros, dous tempos e 360cc. que tivo moi boa acollida no Xapón.[7] En 1961 introduciu o Suzulight Carry, que foi a primeira das moitas furgonetas da marca.[8]

O primeiro automóbil Suzuki que entrou en produción regularmente foi o Suzulite de 1961, un pequeno vehículo de 4 prazas coas siglas 360 TL. O motor, situado na parte dianteira en posición transversal, era de dous cilindros en liña, e a súa cilindrada era de 360cc. A tracción era dianteira e a transmisión de tres velocidades. Cunha potencia de 21 CV SAE a 4500 rpm, podía alcanzar os 85 km/h.

Nos anos 1970, os modelos Fronte e Jimny fixeron posible aumentar as exportacións. En 1981 Suzuki alcanzou un acordo con General Motors para satisfacer a crecente demanda de coches pequenos. Coa axuda de "Isuzu" o "Sprint" de Chevrolet ("Suzuki Cultus" no Xapón) introduciuse nos Estados Unidos, co que deu inicio á serie de alianzas que realizou con outros fabricantes automobilísticos. En 1985 o modelo "Samurai" foi o primeiro automóbil nos Estados Unidos lanzado baixo a marca de fábrica de Suzuki. Así mesmo, dende 1987 Suzuki exportou algúns dos seus modelos aos Estados Unidos baixo a marca de fábrica Geo creada por GM para competir coas marcas estranxeiras. En 1998 Chevrolet absorbeu Geo, pasando os seus modelos a ser vendidos baixo a marca Chevrolet.[9]

En 2002, as vendas globais da marca alcanzaron os 30 millóns de unidades.[10]

Fabricación

[editar | editar a fonte]

A maior produción de vehículos de Suzuki continúa centrándose no Xapón e na India, con Maruti Udyog.

En 2020, a entrada en vigor da normativa sobre emisións da Unión Europea supuxo o fin da comercialización do Suzuki Jimny nos estados membros debido ás súas elevadas emisións de dióxido de carbono, que poderían afectar a media de toda a súa gama de modelos, o que lle obrigaría a pagar unha multa.[11]

  1. "Suzuki Motor Corporation Financial Results". Suzuki Motor Corporation. Consultado o 6 de maio de 2020. 
  2. "Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Historia". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  4. "Suzuki es el mayor fabricante de autos subcompactos del mundo". 1 de novembro de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  5. "Toyota, único fabricante japonés que aumentó su producción en todo el mundo en 2019". 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  6. "Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  7. "Suzulight fue el primer coche de Suzuki". 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  8. Fourie, Louis (2016). FriesenPress, ed. On a Global Mission: The Automobiles of General Motors International (en inglés). ISBN 1460296907. 
  9. "Off-road casual: Geo Tracker 1989-1997". 26 de agosto de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  10. "Historia de Suzuki". Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  11. "Suzuki paraliza las ventas del todoterreno Jimny por sus elevadas emisiones". 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]